Outros enfoques

Na primeira metade da década de 1970, cando aínda estaba por vir a louvada transición política, xa comezaban a editarse revistas musicais orientadas ao público xuvenil pero dende unha mirada crítica e acorde máis coa denominada contracultura, underground ou rollo que coas formulacións dun réxime en decadencia. Nese eido de pioneiros, na maioría dos casos perseguidos pola censura, estaba Joaquim Aubert Puigarnau, de alcume e firma Kim, nado en Barcelona no ano 1941. Hoxe é sen dúbida un dos mellores debuxantes europeos cunha abundante obra gráfica e ben ganados galardóns de prestixio.






No ano 1974 saía a rúa a revista Vibraciones que baixo este titular de esencias enrolladas recollía a seguintes verbas: a evolución musical dos año 70, toda unha declaración de principios á que se sumaban un feixe de escritores, xornalistas, deseñadores, debuxantes e xente que apostaba pola música, o cómic e outras artes bastante ausentes dos medios de comunicación de aquelas. Kim cun inconfundible estilo converteuse en un dos máis seguidos polos lectores de revista feita en Barcelona. As súas historietas recollían en clave de humor e sen tomar moito en serio o ambiente do rock as aventuras de xente que daquelas por diferente se atopaba con situacións moi acertadas para esmendrellarse de risa.






O propio Kim recoñecía non fai moito que naqueles tempos estaba máis polo comix underground que polos grandes herois. Adaptou o seu estilo a xentes como Crumb o Shelton:  "Franco estaba a punto de palmar y era una época muy divertida, no como agora que todo está prohibido", aseguraba Kim, quen en pouco tempo saltou a prensa humorística donde creou un personaxe de libro: Martínez el Facha, pero esa é outra historia.






Neste intres estamos co Kim de Vibraciones, un revulsivo no entón cambiante terreo da historieta. Ao ver agora os vellos exemplares da revista musical, no me resulta estraño que non me esquecera nunca da miña cita mensual no quiosco para mercar aquela publicación de rechamante portada e saboroso e aproveitado conteñido, desde o editorial ao cómic, pasando polos informes, novas, reseñas e cartas dos lectores.


E como non me podo resistir, meto una banda sonora con tres pezas de discos que se anunciaban no segundo número de Vibraciones de 1974 que teño o meu lado.






Comentarios

Publicacións populares