Encrucillada de camiños

Fun á encrucillada de camiños
E caín de xeonllos.
Fun á encrucillada de camiños
e caín de xeonllos.
Rogeille ao Señor
Piedade, salva ao pobre Bob!
Quedeime na encrucillada de camiños
agardando ó coche.
Quedeime na encrucillada de camiños
agardando ó coche
Pero parece que ninguén me coñece,
todos pasan á miña beira sen mirarme.
O sol se pon, rapaces,
A moura noite vaime atrapar aquí.
A moura noite vaime atrapar aquí.
Non teño unha doce mulleriña,
ninguén que coide de min.
Corre, corre
ve a dicirlle ao meu amigo Willie Brown
Corre,
ve a dicirlle ao meu amigo Willie Brown
Deus, que me quedei
Na encrucillada de camiños, nena,
e creo que me estou derrubando!


Crossroad (1936)
Robert Johnson 



Motel, fotografía de
 Cheyco Leidmann



Banda sonora


Comentarios

Publicacións populares