ERA BRANDO, ERA DEAN, ERA BLAKE, ERA KEATS


Días de escola

En Delaware cando era máis mozo
vivía a vida obscenamente
Por primavera sentía un gran apetito
Era Brando, era Dean
Rapaz blasfemo con botas e vaqueiros
como volvía a xente o corpo para mirarme!
As moreniñas do pobo saltaban de alegría
e suplicábanme que as
bendecise nas súas camas
En Delaware cando era máis mozo
remaba no lago
Por primeira vez sentía un gran apetito
Era Keats, era Blake
O estoupido de dor do lapis
con que me carteaba sen coñecelas
con francesas sentadas en tranvías
O meu sono era unha soa cousa
As augas intentaban bailar
En Delaware cando era máis mozo
crían que Satán arrastraba
a cheas de desgraciados
Pero por primavera eu sentía un gran apetito
Era Buda, era Cristo
Sabios revirados,
que prodixio acadastéis?
Fariseos, un día o pagaredes
Vede o meu lóstrego, oide o meu trono
Son auténtico e seime o camiño
En Delaware cando era máis mozo.


School days (A live one, 1979)
Loudon Wainwright III 


Fotografías da película Xigante y http://www.rivers.gov/rivers/rivers/delaware-middle.php



l

Comentarios

Publicacións populares