Outros enfoques
Recordo ao Virxilio Fernández (1925-2011) da primeira vez que o vin polas rúas de Ourense camiñando con aire xuvenil e boina aldeá cando xa frisaba os sesenta anos. Naquel tempo, acababa de montar unha exposición que se dividía en tres partes: Jazz Im Stricks Strumpf, Cachondas do Paraguai e Outras paisaxes. Daquelas non coñecía a su abundante obra pictórica, chea de color, calidade e sentimento, que o colocaba por enriba de outros compañeiros de andadura na cidade de Ourense que o viu nacer.
Por suposto, os cadros de jazz foron os que máis chamaron a miña atención. As imaxes foron captadas en Alemaña nalgún club dedicado á devandita música.
Para min representaban a esencia dunha música universal que une máis que separa e que, por enriba de modas, permanece como unha das artes máis representativas do século XX, que por sorte mantén a forza inicial coa que naceu. Non é estraño pois que Virxilio soubese utilizar os pinceis como instrumentos musicais para pintara melodías sensibles como as de Parker, Coltrane ou Davis.
As restantes obras aquí recollidas aportan a mirada de Virxilio cara a xentes da terra que o viu nacer onde non fallan corpor semi ou espidos de muller que amosan por unha banda a plasticidade implícita nos óleos do ourensano e, por otra, o trazo adecuado do grande debuxante que foi.
Comentarios