Casida das pombas escuras

Polas gallas do loureiro
van dúas pombas escuras.
A unha era o sol,
a outra a lúa.
Veciniñas, díxenlles,
onde esta a miña sepultura?
Na miña cola, dixo o sol.
Na miña gorxa, dixo a lúa.
E eu que estaba camiñando
coa terra pola cintura
vin dúas aguias de neve
e unha rapariga espida.
A unha era a outra
e a rapariga era ningunha.
Aguiñas, díxenlles,
onde está a miña sepultura?
Na miña cola, dixo o sol.
Na miña gorxa, dixo a lúa.
Polas gallas do loureiro
vin dúas pombas espidas
A unha era a outra
e as dúas eran ningunha.


Diván del Tamarit
Federico García Lorca 


Fotografía de Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares