O rapaz que habia en min



Vai saber por que estaba aquela tarde alí nos prados
Quizais me deixara caer extenuado polo sol,
e finxia ser un indio ferido. O rapaz, naquel tempo,
baixaba só os outeiros, buscando bisontes,
e lanzaba frechas pintadas e facía vibrar a lanza.
Aquela tarde estaba todo tatuado con cores de guerra.
E entón, o aire era fresco e tamén a alfalfa,
de profundo veludo, salferida de flores
vemellas e grises, e as nubes e o ceo
acendíase no medio dos talos. O rapaz deitado
fitaba aquel ceo que sentira loar na vila.
Pero o solpor atordaba. Era mellor entornar os ollos
e gozar do abrazo da herba. Envolvía coma auga.

...
...



Outras poesías 1931 1940
Cesare Pavese


Cadro: Explorers de ©Sandra Batoni
Fotografía: ©Roque Soto



Comentarios

Publicacións populares