O recuncho de Antonio Vidal
A comadre era colgada no centro do lugar ata o Martes de Carnaval, co que nalgúns casos suplantaba a función dos mecos e antroidos. Os mozos facían gardas para evitar que as mozas se fixesen co moneco. Como dí Tenorio, nas loitas conseguintes a cada tentgo de roubo "andaban as mans que é un contento, sen consideracións de ningún xénero". A festa completábase ás veces co desfile dunha máscara que, no caso da comarca deo Bolo, ía presidida por un zamarreiro (cara tisnada, roupa ó revés, cinto de chocas e pau cun trapo sucio), un nome que recorda o dos zamarrones asturianos. Leandro Carré relataba que por terras de Sober, en Lugo, a noite precedente ó Xoves de Comadres os mozos poñían nunha árbore de certas casas un monigote de palla vestido con roupas vellas, "xa como visita do compadre Antroido ou ben imaxinado pretendente da muller solteira e non moi nova que morase na casa.
Os Xoves de Compadres e de Comadres recuperados no noso tempo sufriron notables edulcoracións que chegaron ó extremo de os transformar en concursos de elaboración de monecos. O carnaval en Galicia. Federico Cocho. Xerais 1990.
Pola miña banda teño que engadir que os Xoves de Compadres e Comadres que coñecín a partir da segunda metada da década de 1980, en Ourense, consistía en unha representación escenificada na Praza Maior da loita entre sexos. Na súa correspondente data, os nenos e nenas cos seus bonecos e bonecas, elaborados en obradoiros escolares, loitaban por defendelos o quitalos para esnaquizalos. Sen dúbida é unha práctica creativa, lúdica e de integración que devolve o espírito bulangeiro doutras xeraciós.
Fotografía de Antoino Vidal feita nun Xoves de Comadres en San Clodio (Ribas de Sil-Lugo) a finais dos anos 50 do século pasado.
Comentarios