Amencer na cidade


Foi entón

cando o canto máis belo
atravesou lentamente as sombras.
Fóra,
na tenue noite,
a ave descoñecida
derramaba
gota
a
gota
a alba da súa voz
no noso medo.




Rosario 
Neira
 (Oviedo, 1973)

Comentarios

Publicacións populares