31/7/80
Cedar City, Utah


Os vermellos montes de Wasatch arden na noite
Rumores de partido rexional de béisbol baixo focos xigantescos
O muro dos montes devolve o eco das aclamacións
Cando cruzamos a pé a canella

Renxen suavemente os chopos sobre as nosas cabezas

Vemos o partido dende a ladeira

Encontramos unha ponte de madeira

Táboas cravadas por uns nenos

Ao outro lado o chan é areento

Grandes rochas lisas

A montaña ten dominado o pobo


Nótase moi ben dende a canella


Crónicas de motel
Sam Shepard



Fotografía de ©Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares