O home que foi abandonado na praia
O meu refuxio favorito estaba na outra parte do pobo, nun recuncho da enseada, ao pé dun cantil cuberto de lianas. A baía acollía palmeiras e unha especie de árbore chamado purao, que ten algo da figueira e da moreira, e que ofrece unha flor parecida a unha gran papoula marela cun corazón de cor castiñeiro. De cando en cando, as rochas penetraban na area; a baía quedaba toda mergullada; e a resaca remuíñaba, quente, ata a altura dos meus xeonllos, xogando coas cascas de coco do mesmo modo que o noso océano, máis familiar, xoga cos restos das barcas, as algas e as botellas vellas. Á hora do refluxo, marabillas de formas e de cores escoábanse ata os meus pés; eu quería collelas, pero escapában; eu as acadaba, e as atopaba máis belas que canto entrevira: conchas dignas de ser ornamento das vitrinas, ou, montadas en ouro, de enxoiar o dedo dalgunha muller; pura ilusión de area coloreada; fragmentos rotos de coios que, ao secarse, volvíanse tan empañados e vulgares como as pedras dunha avenida de xardín. Ocupeime deste xogo infantil durante horas, baixo o sol implacable, consciente de miña incurable ignorancia, pero cun pracer demasiado ardente para sentirme humillado. Mentres o merlo (ou o seu irmán dos trópicos) asubiaba entre os sirveirales enriba da miña cabeza.
Nos mares do Sur
Robert Louis Stevenson
Pintura de John La Farge
Comentarios