Erótica
Globos
O desexo perfora
na clara dureza do seu corpo,
delgadezas empurran no seu ventre
un tremor que se se axita salta,
ritmos balancean baixo o seu peito
viva abundancia que o desexo persegue
cunha sombra fraca.
Desexo
Dúas chamas que apagan a súa calor
cando están máis fundidas,
e teñen máis desolación
cando parecen máis unidas.
Parella
Dous corpos que esgotan o seu fervor
noutro corpo,
que é seu e non é seu
ao mesmo tempo.
Homero Aridjis
Fotografía de Anouk Aimée, no filme Lola (1961)
Comentarios