FÓRA DA OBRA


Fóra da obra

Albexaba no monte a pedra curtada. Para soleiras e lumieiras houbo de procurala lonxe, da mellor, e foi cargada polas chíoladas do pobo. Antes do cerne do verán a cateira limpa de pizarra escura, de gra branca, erguíase na forma dunha grande casa alongada, con moitas e altas portas, chans lastrados de cortes e curros, arringleirada segundo o correr do camiño no lombo carrasquento, e ventoso, rexa como un castelo, pola noite fantástica na soidade. Os veciños detábanse cada día pampos pola grandeza da obra. Endexamais atal miraran e as casoupas montesías figuraban máis vellas e tristeiras. 

O mesón do ermos

Ramón Otero Pedrayo

Fiestra que non porta 2. Fotografía de ©Roque Soto.

Comentarios

Publicacións populares