Indicio

Hai un indicio
da túa fuxida
fuxías coma o cervo
hai unha sinal crara
polo bosco
ficóu a pegada na orela
recente
chove
e nada
a pegada
atafegas os ollos
cego
e deixabas pegadas
polo bosco
chamábate
e non ouvías
ren
non importa
a inocencia
hai indicios da túa cegueira
xorda
dura
atafegas a boca
volve
i a ferida
qué importa



Luz Pozo Garza


Fotografía de © Susane v. Schroeder

Comentarios

Publicacións populares