EN DESMESURA
O único amor que existe
Eterno amante soy de eterna amada
Quevedo
En realidade, como todos os grandes amantes,
síntese arrebatados <máis alá do ben e do mal>
nunha especie de trascendencia das nosas comúns
condicións nun absoluto indecíbel, cincompatíbel
coas leis do mundo, pero que experimentan
como <máis real que este mundo>.
Denis de Rougemont
nós queremos, e teremos, o máis alá en vida
Breton
Eterno amante son de tenra amada
do que non existe amor inconcebíbel
o que nos axita máis que un cataclismo
o que nos quita o alento
sen darnos aínda a morte
e que fai sentir en vida o máis alá
o amor extenuante en desmesura
único amor que existe
e merece tal nome.
Todo a ti
A boca violeta. Claudio Rodríguez Fer
Fotografía: Primavera, de Erwin Blumfeld
Comentarios