Libertá chamas nos ollos tristes nas caras do metro
nos que xa perderon o futuro e ganan o pan con sobresalto
na gran cidade nos tesos cumes i en todo o silencio preguntando.

Vélante os xóvenes
i os que saben da morte e xuntan inseguranza e desamparo.
Cando vexo un neno penso en ti
e si oio un bruído sin nome coido que ti chegas i acude todo o sangre.

Todo bruído sin nome é un agoiro.


Uxío Novoneyra
Madrid / O Courel 1962-1964

Fotografía ©Bezprizornie

Comentarios

Publicacións populares