As cartas dos antergos

Como as avelaíñas
estas cartas buscan a luz, e son os espellos
que xa non poden devolver a nosa figura,
senón que agora piden
de súpeto, unha sombra.
Sombra ou luz,
unha pinga de orballo pra toda a eternidade
cautiva nun papel tan feble que
ben pouco serve; só para que a letra
descanse no seu pó.



Beira Norte
Xavier Rodríguez Baixeras

Pintura de Pablo Picasso

Comentarios

Publicacións populares