Aquí che deixo, meu peito canso, aquí
Aquí che deixo, meu peito canso, aquí
che deixo,
aquí che deixo neste branco papel trillado, neste
percuro das horas.
Quen eres -perguntaranche-, quen eres?
Son a néboa que anda soia, son o sol
que quenta as queixas, dos camiños
son o farto,
son o sono que rixe
mundo que verte tempo,
son o berro caladiño entre arranque-brío de sono morto.
Das cousas que non se atopan
tamén son,
das ondas que soio van, van e van,
delas son,
de cando veñen e vein vindo
delas son. Son o ledo daquel sono -terra de sin pisadas,
soio remaxe das cousas-.
Papel branco,
trillado,
papel,
berra,
berra entres os fortes
desde onde as miñas verbas che magoan.
María Mariño
Miss Julie, © Alice Denham
Comentarios