Eu quero oir teu silencio
Coma na herba noviña ou na frol da iauga
eu quero oir o teu silencio, nena.
Un silencio todo estrelado de sorrisas,
no que os teus ollos señan dous barquiños ancrados.
Eu, solo, o mariñeiro.
Unha fonda alegría nas velas brancas, dondas,
-palabras que inda gardan o aquel da flor do liño- agardando a mañá
en que deixe os meus portos e ceguiño me embarque
capitán dos teus ollos veleiros.
Aquilino Iglesia Alvariño
Debuxos: Ondina, © Benjamin Lacombe
Comentarios