Letras Galegas 2016


Carta a unha árbore

Cecáis te estrane, querida amiga, receber esta carta que non agardabas. Estou seguro que, ó recibila, o primeiro que ollarças será a firma. Tamén estou seguro que o meu nome, de boas a primeiras, non che dirá ren. Despóis, cecáis sí. A elegancia das emes maiúsculas lembrárache seguramente as liñas quebradas que estudache de neno, cano ibas a escola, natristura dunha enciclopedia calqueira. Porque tífuche a escola. Ir a escola é terribel cando tantos paxaros nos queren habitar e cando tanto vento, que anda ceibe, ven argallar connosco. Argallar cos nosos cabelos ou coas nosas ponlas. É o mesmo: argallar.

Sei que tí fuche a escola. Eu tamén fun a escola. Por eso che escrebo. Como podes ollar xa temos unm punyo de contaito. Un punto orixe -¿lémbraste, verdade? -como diría o señor escolante. 

Eu sei que fuche a escola porque sabes moi ben a xeometría elemental. A nosa xeometría -a túa e a miña- é somentes unha liña. Unha liña vertical. Tí tés a tua verticalidade de árbore e o suco ten a sua horizontalidade de río. Eu teño a miña verticalidade de home e o paxaro -poño por caso- é unha cruz que voa. Supoño que entendes o que quero dicer. Nós, que fumos a escola, sabemos que cada letra ten un valor distinto. A t é unha vertical como somos nós. A t é unha cruz como un paxaro que voa. Nós dous -eu home, ti árbore- podemos ser tamén unha horizontal como un suco, cando a morte nos venza. Pero agora non. ¡Por Deus! ¡Agora non!


Os ontes do silencio
Manuel María

Pinturas de © Madeleine Van Foerster: Tsariwa Mama (The Mother of the Tree) e Invasive Species II






Comentarios

Publicacións populares