Entre amigos e apertas

Tiñamos mentes de voltar a Lugo polo Caurel. ¡Estabamos ben trabucados! Faltáronnos horas porque ¿como facer para desenplearnos da gran cantidade de amigos que, onde queira, saudaban e agasallaban a don Ánxel? Ademais, por mor da calor abafante, a hora de xantar alongouse coa aventaxe de que a conversa non fai mal a ninguén e o intercambio de ideas rexuvenece e afortala o espíritos, como ben nos dixo o mestre.



A sesta, na pousada de Villaverde: "Remanso de paz"; saboreando os cafés tivemos de novo ocasión de comprobar canto estimaban a visita de Fole e o bo recordo que deixou naquela bisbarra. Tamén el sentiuse emocionado en vendo a casa de Outeiro, noutrora pertenza do seu bisavó, e lembrou con certa nostalxia as mornas noites cheas de rechouchíos dos reiseñores cantores.

Cando pasamos frente a Ermida, contóuno-lo feito que inspirou a súa obra teatral "Pauto do Demo".



"Estaba gorecido baixo dunha pena, a xeito de viseira. Chovía a cachón. A tempestade era tremebunda e cuns alustros estarrecedores, cando vin saltar do cimo da pena un godello coas partes tan grandes coma unha ubre dunha vaca. Deixou un cheiro grandísimo a xofre. ¡Era o demo!".



Viaxes con Ánxel Fole
Manuel Rodríguez López
Ediciós do Castro
serie testemuña
Sada - A Coruña
Agosto de 1988

Comentarios

Publicacións populares