Letras Galegas 2016



Canción para o Sil

Meu vello Sil cantareiro,
meu vello Sil cantador,
chegas feliz e riseiro,
marchas riseiro e cantor!

Meu vello Sil pelengrín,
viaxeiro e namorado:
pasas a ponte en Petín
e ollas o pazo de Arnado!

Meu vello Sil das canciós,
vagamundo e tarabelo:
lembras as vellas lexiós
na ponte de Sobradelo...?

Eu quero que me respondas,
vello Sil das aureanas:
aínda viven nas túas ondas
as doces ninfas paganas?

Meu vello Sil dos romanos,
detén o paso, non corras:
hai lugares máis humanos
que as terra de Val de Orras?



O Miño canle de luz e néboa (1996)
Manuel María


Sequeiros dende o outro lado, 1984
Fotografía de Roque Soto




Comentarios

Publicacións populares