William Shakespeare

Shakespeare anticipa e resume tódalas nosas filosofías dramáticas e as outras, así do desespero e do absurdo, e non embargantes el restablece no desenlace radiante das súas traxedias máis negras unha xustiza e un sereno equilibrio do mundo. Agora, nos países do Este, quérese faguer de Sakespeare un acusador social. Que se contenten con Brecht, que é máis doado de utilizar.

 O poeta que levóu a escena as figuras do máis terrible museo de reis criminais creados pola arte do teatro, é tamén aquel que atopou as verbas máis xenerosas, máis recheas dun senso inmortal, para dicir a dignidade da función soberana e o esplendor dos deberes. 

Ningunha obra é menos maniquea que esta obra, onde, non ben si, o mal e o ben son pintados con valores contrastados, pero onde Brutus e Cleopatra, Lear e Shylock, Otelo, o asasino, e Desdémona, palidísima, a víctima, están como axuntados e confundidos na suprema elocuencia da desgracia. Todo está en Shakespeare. El é Goldoni, e Calderón, e Molière. El é o realismo e o romanticismo, Esquilo e Pirandelo, Yeats e Beckett, Eliot e O’Casey.



Álvaro Cunqueiro




Comentarios

Publicacións populares