O lugar de Sequeiros
O río afogábase, lombriga de auga
entre montañas de vértigo.
A igrexa afundíase no vizoso
entre arandos.
Concepción é solteira, desde sempre.
Vive entre a capela e o cemiterio. Total, todo.
Concepción é unha columna vella. Románica.
Perdida no tempo.
O río verde, inmenso, é un bicho domeado.
Só hai abismos.
O home busca a verticalidade perdida
(que xeito de acomodarse á vida!).
Arrodeado de casas apreixoadas,
en aperta lateral,
estrangulando o paso,
vai o camiño saíndo á superficie
como un regueiro estrado.
Penedos arriba só andan as cabras
no seu andar solitario.
entre montañas de vértigo.
A igrexa afundíase no vizoso
entre arandos.
Concepción é solteira, desde sempre.
Vive entre a capela e o cemiterio. Total, todo.
Concepción é unha columna vella. Románica.
Perdida no tempo.
O río verde, inmenso, é un bicho domeado.
Só hai abismos.
O home busca a verticalidade perdida
(que xeito de acomodarse á vida!).
Arrodeado de casas apreixoadas,
en aperta lateral,
estrangulando o paso,
vai o camiño saíndo á superficie
como un regueiro estrado.
Penedos arriba só andan as cabras
no seu andar solitario.
Comentarios