Asubíos na noite
I- Roque, en 1913
R. Soto Soto
Esa moza vestida co traxe de gala das maragatas dáme noxo vela así tan perdidiña; mais aínda remóveseme o bandullo, cando miro que vai cara un matrimonio amañado cun labrego taludo e de boa posición que fará dela un pandeiro no que petará dabondo para enchela de fillos.
O chifre do xefe de estación da a saída ó correo que rosma, tira de fronte e cara atrás, e por fin corre coma un demo fungón e cheo de fume buscando a beira dun Sil escuro e durminte na invernía que cae sobre o val.
Collo o paquete dos encargos e vexo por última vez o bico da rapaza arrepiado como ó dun morto. É o frío de decembro, talvez o medo do descoñecido. Penso na súa morriña pola nenez que vaise quedando no camiño que a guía a una tristura infinda.
Nos asentos están todos os viaxeiros durmidos, quietos comos vos santos dá catedral, envolvidos nas súas pesadas roupaxes quizais soñando cos veráns eternos de terras afastadas.
No corredor do vagón, dáme tempo a montar un pito e tirar do cando xa estea na estación de Sequeiros, desde onde verei partir o ferrocarril. Esperarei como sempre a ver as luces vermellas do furgón de cola ata que o convoi pérdase na noite negra e pechada, como o mañá da nena vestida de maragata.
Fotograma da película La esfinge maragata (1950), de Antonio de Obregón
Pintura: Tren en la noche, de Aureliano de Beruete y Moret

Comentarios