17 de agosto
Non abrín o diario durante dous días enteiros. Non tiven ánimos para escribir. Parece que unha especie de palio ensombrecedor veu caer sobre a nosa felicidade. Non hai novas de Jonathan, e Lucy ten un aspecto cada vez máis feble, en tanto que as horas da súa nai se achegan ó remate. Non comprendo por que murcha Lucy deste xeito. Come ben e dorme ben, e goza de aire fresco; mais as rosas das súas meixelas murchan, e debilítase e languidece de día en día. Pola noite síntoa boquexar, como á procura de aire. Sempre levo atada ó pulso a chave da nosa porta pola noite, mais érguese e pasea polo cuarto e séntase cabo da fiestra aberta. A noite pasada atopeina asomado cando espertei, e ó intentar espertala non puiden, desmaiárase. Cando logrei facela volver en si estaba branda coma a auga, e choraba silandeira entre longas loitas magoantes por espirar. Ó lle preguntar como chegara á fiestra, moveu a cabeza e deu media volta. Confío que a súa enfermidade non se deba á condenada picada co imperdible. Mireille o pescozo agora que está durmida e, ó que parece, as minúsculas feridas non curaron. Aínda están abertas, e mesmo son máis grandes ca antes, coas marxes lixeiramente brancas. Son como pequenos puntos brancos co centro vermello. A menos que curen dun día ou dous, hei insistir en que llas examine o doutor.
Drácula
Bram Stoker
Fotograma de Drácula (1931), de George Melford, na que aparecen o español Carlos Villarías e a mexicana Lupita Velez

Comentarios