A paixón rusa de Juan Eduardo Zúñiga


Juan Eduardo Zúñiga (Madrid), Premio Nacional de las Letras, é un dos máis singulares escritores españois que goza dun importante seguimento por parte dun público fiel que capta os seus grandes dotes sobre todo no relato curto. A súa faceta literaria deixoa de lado para apuntar dous libros de Zúñiga que se enmarcan máis no ensaio que na ficción, aínda que esta última non quede totalmente diluída nas dúas obras, en concreto nas tituladas El anillo de Pushkin e Las inciertas pasiones de Iván Turgnéniev

 Zúñiga recibiu en 1983 o premio Ópera Prima da Asociación Colexial de Escritores polo El anillo Pushkin, obra que en xeral ten moito que ver coa memoria das historias descubertas en longas horas de lecturas do tesouro da literatura en lingua rusa. En particular tamén inflúe sen dúbida que Zúñiga é un dos contados especialistas do noso país en literaturas eslavas, nas de Rusia e de Bulgaria. Con semellantes materiais, o madrileño é autor dun delicioso libro que me gusta reler a miúdo porque, como a maioría dos lectores de ficción, gozo da literatura rusa desde novo.

Como Zúñiga, evoco a miúdo con entusiasmo xuvenil homes, mulleres, costumes, paisaxes..."que foron a miña xanela ao mundo, a iniciación ao amor aceso de púrpura, a porta que leva aos serenos dominios do coñecemento e a tolerancia, a chave das admiracións ante o talento e a mestría de escritores excepcionais", segundo palabras do propio autor recollidas na introdución da obra El anillo de Pushkin.


O libro comeza co capítulo que lle dá título para continuar cos paseos polas cidades de Moscova e San Petersburgo -cando se editou El anillo de Puskhin aínda levaba o nome de Lenigrado felizmente descartado desde a nova etapa histórica de Rusia-, urbes polas que transitaron personaxes, paisaxes e paixóns de xentes descritas ou narradas polo xa referido Pushkin, Lermotov,Turguéniev, Dostoievski, Tolstoi, Sumarokov, Fedin, Chejov, Gorki ou Kataiev, entre outros autores de ficción que ocupan un lugar destacado non soamente nos seus lugares de orixe senón tamén as máis variadas xeografías..

Coma se de relatos curtos tratásense, xénero no que Zúñiga manéxase con precisión artesá, os seguintes capítulos penetran ao lector nos diferentes capítulos. É dicir, sucesivamente nas mulleres lidas, Blok en el Apocalipsis, Andreiev, Padres e hijos, Bosque sombrío, El doble Dostoievski ou El Origen de un destino, que serven así mesmo a Zúñiga para recoñecer o ignorado labor do tradutor -infiel ou rigoroso- á que debe recoñecerse unha parte do pracer experimentado na lectura e o coñecemento das letras rusas.


A segunda traída a este espazo é o título Las inciertas pasiones de Iván Turgnéniev. Outra vez, Zúñiga con precisión de ourive resalta pasaxes da vida do escritor Turgueniev en relación cos seus amores femininos, en especial os habidos coa cantante de orixe española Paulina García, que serven de escusa para facer o retrato dun nobre de ideas liberais moi implicado coa cultura occidental en contraposición aos costumes medievais do zarismo da súa terra de nacemento. Desta maneira, o escritor ruso pasa a ser protagonista esencial na inmersión que serve a Zúñiga para mergullarse  no tempo e na vida do autor nado en 1818 na hoxe gloriosa cidade rusa de Oriol.

Con todo é mellor mirar ao prólogo titulado Encuentro con Turguéniev para saber a orixe do ensaio-relato sobre o autor de Pais e fillos, entre as súas mellores obras, que volve insistir no choque decisivo na nenez cunha obra do escritor ruso que lle puxo en contacto co coñecemento dunha Rusia antiga e remota da que ninguén na súa contorna non sabía nada. De quen saberei máis, en sucesivas entregas, vai ser de Juan Eduardo Zúñiga, que tamén conta cun libro sobre a súa pasión rusa que leva o título Desde los bosques nevados, pero eso e xa outra historia.

Comentarios

Publicacións populares