Ontario
O seguinte que lembro é unha mesa metálica e a agulla máis grande que vira na vida. Tratábase dunha punción lumbar. Doeume moitísimo e asustoume o indecible. Creo que foi o meu primeiro gran trauma. Logo estaba na cama do hospital e unha enfermeira sempre me cantaba «Beautiful Brown Eyes». Logo trataba de cruzar unha pequena habitación na que estaban os meus pais. A miña nai tendíame as mans e dicía: «Imos, Neil!». Achegueime a ela dando uns pasitos ríxidos e todo o mundo alegrouse. Estiven unha semana no hospital e despois volvín a casa.
O meu irmán Bob lémbrao da seguinte maneira:
Neil tiña seis anos en novembro de 1951. Creo que foi na primavera dese ano cando contraeu a polio. Non se inventou a vacina de Salk. Tratábase de algo moi grave. A súa vida corría perigo. Todos o sabiamos. Fomos ata o Sick Children?s Hospital de Toronto no noso coche, un Monarch de 1950 ou 1951, o meu pai e o doutor Bill Earle diante, e Neil e eu no asento traseiro. Creo que chovía e estaba moi escuro. Neil estaba tombado sobre un taboleiro no chan. Tras realizarlle unha punción lumbar no hospital confirmouse que tiña polio. O tratamento foi longo, pero funcionou e Neil saíu adiante. Ao volver a casa tivo que aprender a camiñar de novo. Recordo que ía dun extremo do salón ao outro agarrándose aos mobles para non perder o equilibrio. Non sabía moi ben que lle pasaba. «Morrinme, non?», dixo. Preguntouno en serio. Alén da rúa vivían dous nenos e un deles tamén podía contraer a polio. Creo que se apellidaban Goddard. De neno pasei moito tempo en corentena en Omemee polas enfermidades que Neil contraía. Polio, difteria, sarampión e outras. Sempre tiña problemas de saúde. Tempo despois foi a epilepsia. Os dous tivemos que lidar con ela. Non sei por que Neil tivo que pasar por todas esas cousas. Anos despois, como consecuencia da polio, tivéronlle que sacar varias vértebras da zona inferior das costas. Levou un collarín durante moito tempo e mesmo foi de xira así ao famoso concerto de Massey Hall en 1971, do que moita xente ten bo recordo.

Memorias de Neil Young
O sono dun hippy
Malpaso Ediciones
Barcelona
As dúas fotografías de Neil Young (só) e co seu irmán Bob, a primeira de Harold Whyte e a segundo por cortesía de Neil e Pegi Young. A terceira corresponde ao material promocional dos seus discos de arquivos.

Comentarios