A la una anda la mula
Marcábase unha raia no chan. O que apandaba cambábase dobrando o lombo pradiante, apoiando os seus cotovelos nos xionllos, situándo os seus pes esí coma medio metro de distancia da raia. O resto dos participantes púñanse en fila e empezaban a saltar por orde, dicindo cada un deles as seguintes frases en castelán según lle iba tocando:
A la una anda la mula.
(O primeiro vai correndo ata a raia, facendo que salta coma unha mula, antes de da-lo brinco).
A las dos da la coz.
(Eiquí o que salta ten que lle dar unha couce ó que apanda, mentres vai polo aire).
A las tres San Andrés.
(Dásalle unha pequena cuada ó de baixo).
A las cuatro Maragato
(Dáselle unha cuada).
A la cinco se da un brinco.
(Dase uinh brinco inmediatamente antes de saltar).
A las seis canto los reyes.
(Ó estar saltando hai que dici-la-frase, e antes de cair ó chan, ten que facer tamén que canta: la, la, la...).
A las siete tiro mi caperuchete.
(Ó estar saltando no aire tira algunha prenda como gorro, o pano, a bufanda...).
A las ocho como pan y bizcocho.
(Non só hai que dici-la frase senón tamén face-lo ademán de meter algo a boca ca man antes de chegar ó chan).
A las nueve ata la mula y bebe.
(Ten que representa-lo xesto de beber).
A las diez el través.
(Ten que saltar de lado).
A las once pisa el bronce.
(Ó cair do salto hai que quedar un momentiño cos pés sen os mover, e o corpo erguido).
A las doce no responde.
(Dáselle outra cada).
A las trece plantar ajos.
(Hai que levar na mán un pauciño, herba ou pedriña, e deixala no lombo do que apanda, sin que esta caia ó saltar).
Regras:
(1) O que pise na raia perde e apanda. Pra que non haxa erros, a raia ha de estar sempre ben feita, quedando marcado o pé do que a pise.
(2) Se algún no da feito o que lle toca no seu momento de saltar, perde e apanda.
(3) Case nunca se da chegado sen que algún perda; pero se esto non sucede, coménzase de novo a rolda de saltos.
Os xogos dos nosos rapaces
Camilo Brandín Feijóo
1ª edición: decembro de 1986
Caixa Ourense
Imaxes: Pintura de Francisco de Goya e fotografías de nenos salta á "piola" en Olvera (Cádiz), xogos infantís no porto de Castelló de la Plana e rapaciños xogando nos xardíns Cristina de Sevilla (1904)

Comentarios