Un dos discos previos aos da denominada Nova Canción Galega (Voces Ceibes) púxose á venda no ano 1967 baixo o título Luis Olivares canta en língua galega, un EP de catro cancións de folk e música popular, adaptadas ao galego polo escritor Xosé Luís Franco Grande. O tamén poeta e estudoso Vicente Araguas, membro do citado grupo de canción galega nado arredor da universidade compostelá na segunda metade dos sesenta, recoñece que Olivares era un crooner catalán que cantaba no seu idioma estándares que foron interpretadas con orquestración. We shall overcome, en galego Venceremos nós, foi o himno central da primavera santiaguesa de 1968, no seo da cal nacería Voces Ceibes, indica Vicente Araguas ao falar deste curioso disco de cancións en galego. Naqueles anos Cataluña dispoñía dunha canción comercial na que, ademais de Olivares, estaban Nuria Feliu, Gloria e Maria Pilar, entre outras persoas que gravaban habitualmente discos pequenos, o cal amosa que o ritmo era distinto ao da nova canción galega, ademais de que a casa discográfica, Edigsa, tamén era catalá, según Araguas no seu libro Voces Ceibes (Xerais, 1993).
Edigsa comezou a súa andaina en 1961 e pechou como compañía discográfica en 1983. Nese tempo desenvolveu un traballo moi importante no recoñecemento da canción catalana, pois os nomes senlleiros dese xénero gravaron na citada marca -Serrat, Pi de la Serra, Ovidi Montllor, Ramon Muntaner, Joan Isaac, Ovidi Montllor ou La Trinca, foron algúns-. Ademais, Edigsa fixo unha importante laboura na promoción da música progresiva de Cataluña que tivo na década de 1970 un importante núcleo no chamado rock layetano.
Outra das facianas da campañía discográfica foi a distribución de selos emblemáticos da cultura popular coma Folkways, Le Chant du Monde e Harmonia Mundi.
Outras capas en Edigsa: Jo no puc vivre sese tu (1965), El paragüies de Cherbourg (1965), Les cançons de My Fair Lady (1965), El món (1966), Concert (1966) e Quand sarti el sol (1967).

Comentarios