Carnaval tráxico

As máscaras que vin:
Un comparsa de coxos todos eles cunha perna mutilada vestidos de mariñeiros, pedindo unha smola polas ruas, berrando o cuplé de moda acompañados dunha banda de múseca do povo.
(Que laios tiña aquela canzón nos beizos dos coxos! Que dor aquela canzón!)
Outra comparsa de coxos.
Outra comparsa de coxos.
(Tráxico carnaval !)
Un frade, outro frade, tres  frades....Tres frades auténticos.
Catro monxas xuntas.
(A xente se ría crendo que era unha comparsa)
Muitos homes gordos e coloraos.
Muitos señoritos vestidos de señoritas.
Muitas zarrapastrosas. Unha levaba un chourizo pendurado dunha caña, dicindo: “Al higuí”. “Al higuí”. Seguíana, dando brincos, algús pequenos fracos e famentos.




Evaristo Correa Calderón

Pintura de Julio Tizón Diz




Comentarios

Publicacións populares