Quenlla do papel marelo
A miña relación co cómic comezou na nenez, nos primeiros anos da década de 1960, mesmo antes de dominar a lectura. Non era óbice, porque cun pouco de imaxinación, ía suplindo coa miña inventiva o que dicían os bocadillos da historieta que observaba con auténtica paixón ante o asombro dalgunha veciña que se asombraba da miña suposta actividade lectora.
Os meus primeiros autores foron os clásicos do TBO: Coll, Benejam, Muntañola, entre outros. Lembro os bos momentos vividos xunto a personaxes de artistas como Raf, Ibáñez, Escobar, Vázquez, Estivill, Jorge ou Peñarroya, de Pulgarcito, aínda que tamén gocei coa revista Tio Vivo grazas á 13 Rue do Percebe, Agamenón, Mortadelo y Filemón, Rompetechos, Hugh el Troglodita, El caco Bonifacio, Pepe el hincha ou Angelito. Da mesma tendencia lía outras publicacións como Can Can, Din Dan, Jaimito e Pumby.
De cando en vez caían nas miñas mans exemplares de mamporreros, pistoleiros ou guerrilleiros como Roberto Alcázar e Pedrín, El hombre enmascarado, Mendoza Colt, Red Ryder, Hopalong Cassidy, El llanero solitario, El cosaco verde, El sargento Furia ou El Coyote.
Sen dúbida, naqueles anos de aprendizaxe, o meu heroe favorito era El Capitán Trueno, pero tamén daba coba ao Jabato, El guerrero del antifaz, Pantera negra e El mosquetero azul. Do outro lado do Atlántico non lle facía noxos ao Príncipe Valiente, mentres que na parte máis guerreira prefería Hazañas Bélicas, sobre todo cando aparecían os debuxos do inesquecible Boixcar, e tamén as aventuras do sargento Gorila.

Comentarios