Furu Tsubaki

Cando o vento da noite
abanea o colorado, decorado
vello tsubaki,
marmurando, hota!, hota!
caen as sanguiñentas froles.
Namentras herbas e arbres
dormen, e corre a brisa da noite
os ollos e o nariz
do vello tsubaki
móvense.
Parécenos que a luz e a sombra
daquela lámpara
é a dunha pantasma
que zugou o aceite
dos nós dun vello tsubaki?

Álvaro Cunqueiro


*tsubaki-camelia

Fotografía © http://contents.oricon.co.jp
Ilustración de ©Tsukuda Kisho



Comentarios

Publicacións populares