A imprenta en Ourense
...
...
O Misal de Monterrei é a xoia da tipografía e os tórculos de Galicia. Foi impreso naquela vila, próxima a Verín, no ano 1494, por Gonzalo Rodríguez de la Pasera e Juan de Porres. Gárdase na catedral de Ourense. Este pequeno milagre, de que naquela data existise unha imprenta en Monterrei, carece de explicación, pero parece encerrar un significado tamén de tipo simbólico, tendo en conta a riqueza que neste aspecto ía caracterizar unha cidade coma Ourense, da que dixemos que foi fundamentalmente unha cidade literaria.
A tradición sería continuada despois de moitos outros impresores e viría parar na figura de don Antonio Otero, impresor do libro de Curros Aires da miña terra, ou os responsables de El Eco de Orense, onde don Basilio Álvarez, cura e deputado nas Cortes republicanas, imprimía un periódico que se chamaba La Galerna, como máis tarde imprimiríase tamén La Zarpa, títulos representativos do carácter dun home dedicado ao combate e a revolución, a pesar de vestir sotana.
...
...
O expreso da literatura e outros ensaios
Carlos Casares
Biblioteca Carlos Casares
Editorial Galaxia
2017
Comentarios