Poetas galegos do século XX
Se hai un libro con claras pegadas de uso, ese é os titulado "Poetas gallegos contemporáneos", de Basilio Losada Castro (Láncara, Lugo, 1930), en edición bilingüe de Seix Barral, do ano 1972. Sen dubidalo podo afirmar que foi a primeira antoloxía da lírica galega máis próxima no tempo que coñecín naqueles tempos, pois nela están nomes esenciais da literatura galega, entón unicamente coñecidos por determinados círculos nos que non entraban tanto a poboación xeral de Galicia como a do resto de España.
E o tempo deu a razón a Basilio Losada porque todos os poetas galegos, naquel tempo contemporáneos, hoxe convertéronse en clásicos, cada cal á súa maneira, porque desde o máis vello, Manuel Antonio, ao máis novo, Xosé Luís Méndez Ferrín, están como tales rexistrados non só nos manuais de literatura senón tamén na memoria de toda persoa que sente identificada coas letras galegas.
Dunha punta a outra dos nomes antes mencionadas aparecen auténticas personalidades da cultura como son Luís Amado Carballo, Luís Seoane, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Antonio Tovar Bobillo, Manuel Cuña Novas e Manuel María, todos co mesmo sinal de escritores galegos que souberon expandir a súa lingua en momentos difíciles, un periodo que vai desde, de acordo coa antoloxía de Losada, as vangardas dos anos 20 que sacudiron o Vello Continente aos aínda tempos dunha ditadura que se resistía a desaparecer.
Sería longo e aburrido poñerse agora a mencionar unha a unha as excelencias das páxinas que recollen os poemas dos autores antes mencionados. Por iso, uso verbas doutro contemporáneo ilustre, utilizadas no prólogo por Basilio Losada. "Unha frustración social, prematuro éxodo plurisecular, raquitismo burgués, condición de finisterre, insolidariedade institucional, colonización financeira...", secuelas que constituían as claves do atraso de Galicia para o profesor e economista Xosé Manuel Beiras, a comezos de 1971. Secuelas que foron combatidas coa palabra por cada un dos poetas galegos contemporáneos, dos cales algúns dos actuais deste terceiro milenio sentirán a mesma frustración que os seus antepasados ante o actual estado das cousas nesta parte do noroeste peninsular.
"Basilio Losada Castro foi primeiro catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universitat de Barcelona, é autor de numerosos estudos críticos sobre a literatura galega, portuguesa e brasileira. Traduciu 150 libros en sete linguas, de autores como Jorge Amado, Saramago, Rosalía de Castro, Pere Gimferrer… Recibiu, entre outros premios, o Premio Nacional de Traducción, a Creu de Sant Jordi, a Comenda da Ordem do Infante Dom Henrique, que outorga o goberno portugués, a Ordem do Cruzeiro do Sul, de Brasil, e a Medalla Castelao da Xunta de Galicia. Xubilouse como catedrático o ano 2000, aínda que continúa impartindo clases nos programas de diversas universidades norteamericanas na UB. Aos seus 70 anos publicou o seu primeiro traballo de ficción, a novela La peregrina (con traducción ao italiano de Giuseppe Tavani), ambientada na Idade Media, período no que é un gran experto".
Universitat de Barcelona
Basilio Losada, por Siro
Comentarios