Cando
petan na porta pola noite.
A
estar só cando non quero estar só.
A
estar no medio de moita xente
A
quedar só no mundo
A
non morrer nunca
A
morrer pronto
A
morrer estupidamente nunha estrada
A
quedar inútil
A
tolear
A
que lles pase algo aos meus
A
que os que quero non me queiran
A
perder o gusto polas cousas que me gustan
A
ter que vivir sempre nunha cidade
A
que non haxa flores
A
que non haxa animais en liberdade
A
non poder mirar as estrelas pola noite
A
non poder mirar a paisaxe no outono
Ao
mar (desde o mar)
A
mirar un día para o ceo e non ver un paxaro
A
que non haxa troitas nos ríos
A
ter que ir á guerra
Á
guerra, aínda que non teña que ir
Ás
almas miserables
Aos
que sempre din a verdade
Aos que menten sempre
Aos que menten sempre
A
pasar fame
Aos
contos de medo
Ás
películas de medo
A
ir ao dentista
A
montar en avión
A
non ter medo a nada
A
ter moito medo
Cando
pasa moito tempo sen que ninguén pete na miña porta
A...
Cando petan na porta pola noite
Xabier P. Docampo
Comentarios