Fotograma do filme Monterey Pop, de ©D. A. Pennebaker


Capas
Are You Experienced? (Polydor) 1967
The Jimi Hendrix Experience
Portada: Fotografía de Karl Ferris

"As letras de Hendrix son parte importante da súa <Experiencia>. O ruído da súa música talvez afogase un tanto a expresión verbal que acompañaba aqueles shows, pero xa é hora de saber o que Hendrix estaba a dicirnos. Fundamentalmente, referíanse á súa situación de negro nun mundo branco. A súa visión oscila entre a esperanza e a desesperanza. Sen a fe suficiente para afirmar que Black is beautiful e Black is soul, algúns negros acúsano de contrarrevolucionario e vendido aos brancos. Para os brancos seguiu sendo un negro e entón a súa vida foi a dun home espantosamente só. Porque Hendrix non foi nin un contrarrevolucionario nin un vendido. Simplemente negouse a comprometer a súa arte cunha postura racista que el cría inoperante e negativa. Ninguén o comprendeu porque a ninguén lle conviña a súa actitude sincera e crítica. Por sorte, as súas letras deixaron testemuño da súa honestidade e da súa procura". Marcelo Covián y Robert A. Rosentone. Los cantos de la conmoción. Tusquests. 1974.

"En realidade, todo isto é unha especie de estilo libre. Nós sabemos que canción queremos tocar e como é aproximadamente. Pero todo o demais sae de forma espontánea no escenario". Jimi Hendrix.

Cancións: Foxy Lady. Manic Depression. Red House. Can You See Me. Love Or Confusion. I Don’t Live Today. May This Be Love. Fire. Third Stone From The Sun. Remember. Are You Experienced?.


Músicos: Jimi Hendrix ( guitarra, piano e voz), Noel Redding (baixo e coros) y Mitch Mitchell (tambores e voz).





ç


Comentarios

Publicacións populares