A canción que o río canta

A canción que o río canta
quén poidera asi cantala!
Non son sílabas de vento,
que son sílabas de auga;
auga, que comenza sempre
e xa nunca máis acaba;
auga, choro dunha pedra
e alegria dunha planta;
auga, que anda dando vida
cando non arrasa e mata;
auga, que a entendemos todos
sen que nada diga. Auga
A canción que o río canta,
quén poidera así cantala!

O poema dos lustros
Millán Picouto

Os verdes a carón do Sil. Fotografías © Roque Soto Soto 


Comentarios

Publicacións populares