A doncela

Doncela do río,
Transparente nena,
Un día de outono
Sentín que che amaba.

Sempre esperaba
As miradas túas,
Doces irmás
Do amencer.

Na memoria
Dos vellos xuncos
O vento ao teu paso
Deixou a súa canción.

A veces tristeiro
Eu ollaba o río
Buscando teus ollos
Entre a auga azul.

Doncela do río,
O teu sono levaches
Desde a auga fonda
Ao meu corazón.

Fun teus ollos,
Fun túa pel,
Fun auga entre túas mans.
Mas un día esqueciches o río
E a súa aperta azul.

O tempo ten ás de xigante,
O amor ten voo feble
E ás veces cae.
Fúchesche
Como o outono
Tras un silencio de cobres.

Doncela do río,
A area xa esquece
O túa ausente mirada
Do atardecer.


Canciones folklóricas y 6 impresiones para canto y guitarra (1963)
Daniel Viglietti (Montevideo, 1939 - 2017)

Fotografías de © Marianna Rothen








 Imaxe do parque de Ordesa, grazas á paciencia de Emilo Blanco, que ben serve para acompañar esta canción sobre un asunto universal, como universais son a beleza, o murmurio do auga, a tranquilidade das árbores, a dureza das montañas, o aire puro e o ceo azul.

Comentarios

Publicacións populares