Capas
Ti,
Galiza (Ariola). O
lugués do Valadouro, Miro
Casabella, cunha
década de traballo musical, incluída a súa presenza no movemento
Voces Ceibes, gravaba en outubro de 1976 o seu primeiro elepé en
solitario dedicado á súa terra e paisanos. As cancións do disco
con arranxos e dirección musical de José María Branco e Luis Pedro
Faro, inclúe así mesmo instrumentación popular, gaitas e zanfona,
que realza a galeguidade deste traballo, onde a música se apoia en
textos de coñecidos autores galegos. Xosé Manuel Casado, Ramón
Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro, Luís Pimentel, Uxío Novoneyra e
Xavier Costa, cando non é o autor quen presenta un texto propio ou a
adaptación dalgunha estrofa popular. As letras das cancións dos
citados escritores de diferentes xeracións representan unha
tendencia social moi na liña do traballo de Miro Casabella,
implicado a mediados dos setenta, como xa fixera con anterioridade,
na busca da normalización da lingua e cultura galegas. Esta
tendencia resalta sobre todo en cancións recitadas como a que dá
título ao elepé o “Comenzo de canto”, nas que se evidencia a
reivindicación nacionalista. A cuberta do disco representa o gravado
Son moitos anos de
estar no potro… compañeiros,
de Enrique Ortiz Alonso.
Cancións: “O meu país”, “A maleta”, “A gran muralla”, “María Soliña”, “Anacos”, “Ti, Galiza”, “Canzón para que un neno non durma”, “Goethe”, “O mariscal”, “Comenzo de canto” e “A bandeira”.
Músicos: Miro Casabella (zanfona e voz), Luis Pedro Faro (frautas do renacimento, caixa e percusión), Xosé Casal (gaita), Miguel López (gaita), José María Branco (órgano Hammond e zanfona) e Anxeles Rubial (voz).
Outras capas: Treboada (1979) e Orvallo (2004).
Músicos: Miro Casabella (zanfona e voz), Luis Pedro Faro (frautas do renacimento, caixa e percusión), Xosé Casal (gaita), Miguel López (gaita), José María Branco (órgano Hammond e zanfona) e Anxeles Rubial (voz).
Outras capas: Treboada (1979) e Orvallo (2004).
Comentarios