8


Hai unha illa loubada
alá no fondal do mar.
Ten bois da color do tempo
e pastoras de cristal.

Ten un río de paxaros
que desemboca en canción.
Paxaros mornos de illa
con os seus niños no sol.

Ten lúa nova e crecente
e ollos pra decir ai lá!
A boca tenha pechada
para vendimas de sal.

E ten un cabelo novo,
aí amor! qué pelo ten.
Cheiro profundo de alga
e sabor limpo de mel.

Hai unha illa loubada
alá no fondal do mar.
Navegada de luceiros
na noite nácelle o van.




Cantiga nova que se chama riveira
Álvaro Cunqueiro


Outra vez as illas. Fotografía de © Roque Soto Soto


Comentarios

Publicacións populares