Banda deseñada e jazz
A banda deseñada e o jazz veñen sendo artes máis ou menos da mesma quinta que deseguida acadaron maioría de idade a comezos do século XX. "Éditions Nocturne" dedica o talento de ilustradores, guionistas, músicos e cantantes para ofrecer unha acertada colección: BD Jazz, onde texto e ilustración conviven en harmonía con cancións moitas veces cantaruxadas polos admiradores do arte en xeral.
Para ver de que vai o asunto, aí deixo o libreto con dous cedés dedicados á cantante estadounidense Anita O' Day (1919-2006), artista branca que coñeceu a mellor etapa das big bands (Gene Krupa, Woody Herman e Stan Kenton) e continuou en activo ata poucos anos antes da súa morte. Sen dúbida, Anita foi unha das mellores voces do jazz que espallou seu talento e frescura en numerosas actuacións en directo por varios continentes e diferentes gravacións; entre as mellores, as realizadas durante os anos cincuenta.
- The Lady Is A Tramps (1952)
- Anita O' Day Collates (1953)
- Anita (1955)
- An Evening With Anita O' Day (1956)
- Pick Yourself Up With Anita O’ Day (1957)
- Anita Sings The Most (1957)
- Anita O’ Day Sings The Winners (1958)
- Anita O'Day at Mister Kelly's (1958)
- Cool Heat (1959)
- Anita O’Day Swings Cole Porter with Billy May (1959)
Comentarios