Capas
Wat’ s Goin On (Tamla Motown, 1971). Marvin Gaye (1939-1984). Cambio de dirección musical dun dos cantantes triunfadores do selo Tamla Motown, Marvin Gaye. De imaxe sedutora, pero atormentado polos fantasmas propios dunha estrela do pop, Marvin deixa atrás as cancións destinadas a ocupar os primeiros postos das listas de grandes éxitos, tamén rexeitará a comezos da década dos setenta os afortunados dúos con damas de excelente voz do selo de Detroit, para mostrarse máis preocupado por asuntos terrenais como a natureza degradada, a violencia, a guerra, entre outros problemas que estaban presentes na vida cotiá e caían con máis forza sobre os desfavorecidos, sobre todo, nos guetos das grandes urbes norteamericanas. Con todo, a mensaxe de Gaye faise máis universal e chega con forza ás emisoras que non paran de poñer cancións como a que dá título ao disco ou outras: “Mercy Merccy Me (The Ecology)”, "Inner City Blues (Make Me Wanna Holler” ou ”Save The Children”. A música, na que abunda instrumentación de corda e vento ofrece a Marvin Gaye unha nova forma de expresión na que non se mantería demasiado tempo, pois a súa personalidade non era do tipo de músico alertagado, como desmostraría ata o final dos seus días. Gaye aparece con barba, imaxe que o afasta da de substituto do tamén sexy e malogrado Sam Cooke. Sobre Marvin, ataviado cunha longa zamarra brillante e impermeable, cae auganeve, que lle escorrega polo seu escuro cabelo crespo, mentres a súa mirada meláncolica pérdese quizais nun horizonte descorazonador, así aparece na fotografía de James Hendin. O cantante volve vivir un segundo período de esplendor artístico, como demostraría nos seus seguintes “Trouble man” e “Let’ s get it on”. Entón a afiliación ás causas esquecidas quedou substituída polo canto ao sexo e a un sistema de vida máis lúdico mediante composicións que encheron as pistas de baile. Aínda que posterior, “Let’ s going on” foi un dos meus sinxelos favoritos en 1973, e foi tal a súa influencia que ao pouco tempo adquiría un álbum con tres longa duración, unha antoloxía de Marvin Gaye, no que ao final estaba boa parte de “Wat´s goin on”, todo un descubrimento, que a partir daqueles días dos setenta sería o meu disco preferido da Tamla Motown.
Cancións: “What’ s Going On”, “What's Happening Brother”, “Flyn’ High (In The Friendy Sky)”, “Save The Children”, “God Is Love”, “Merrcy Mercy Me (The Ecology)”, “Right On”, “Wholy Holy” y “Inner City Blues (Make Me Wanna Holler”.
Músicos: Marvin Gaye (piano e voz). Arranxos e orquestra dirixidos por David Van DePitte. The Andants, Mel Farr, Bobby Rodgers, Elgle Stover e Lem Barney (coros e voces). Ceet Foorest (batería). Jose Messina e Robert White (guitarras). James Jamerson e Bob Babbit (baixo). Chet Forest (batería). Larry Nozero (saxo soprano). Tate Houston (saxo barítono). Angelo Carlisi (saxo alto). Dayna Hartwiick e William Perich (frautas). John Trudell e Mauurice Davis (trompetas). Carl Raetz (trombón), Jack Brokensha (campás y percusión). Jack Ashford (pandereta e percusión). Johnny Griffith (celeste). Marvin Gaye (piano). Eddie Brown e Earl DeRouen (bongos e conga). Eli Fountain (solo de saxo alto). William “Wild Bill” Moore (solo saxo tenor). Gordon Staples, Zinovi Bistrizky, Beatriz Budinszky, Richard Margitza, Virginia Halfmann, Felix Resnick, Alvin Scoore, Lillian Doowns e James Waring (violins). Edouard Kesner, Meyer Shapiro, David Ireland e Nathan Gordon (chelos). Carole Crosby (arpa). Max Janowsky (baixo de corda).
Outras capas: Let’ s Get It On (1973), I Want You (1976), At The London Palladium (1977), Here, My Dear (1978), In Our Lifetime (1981) e Midnight Love (1982).
Comentarios