O aparecido da guerra
A diáspora rusa producida pola revolución de 1917 e a posterior guerra civil motivaron a saída de algo máis dun millón de persoas que vivían en Rusia, entre as que se atopaba un ex soldado do exército branco chamada Gaito Gazdánov, nacido en 1903 en San Petersburgo, cidade orixinaria tamén doutros coñecidos exiliados do ámbito das letras como Lou Andreas-Salomé, Vladimir Nabokov, An Ryad ou Dimitri Merezhkovski.
Gazdánov, que se instalou en París en 1923, coñeceu diferentes e variados oficios que lle serviron para unha mellor entrada na sociedade de acollida que aparece na maior parte das súas obras literarias, pois tamén desenvolveu un importante labor xornalístico; aínda que no literario, escolleu principalmente novelas e relatos. Da súa produción creativa hai que destacar en castelán algunhas das súas mellores narracións, entre as que figura "El espectro de Aleksandr Wolf" (tradución ó español de María García Barris), en Editorial Acantilado.
O espectro de Aleksandr Wolf representa unha desacougante historia sobre un suceso bélico que persegue ao protagonista da novela, quen queda asombrado pola lectura dun relato que narra a morte que el provocara na fronte cando era un soldado asustado de 16 anos de idade. A teima do protagonista resulta máis inquietante ao ser a suposta vítima o autor da macabra narración que vai constituír a fonte da obsesiva procura nun París aberto, de singulares personaxes, e coa noite como fondo dun mundo en proceso de cambio pero escorado irremediablemente ao caos.
O descontrol está de principio a fin. O espectro de Aleksandr Wolf nada ten que ver na forma coa literatura do país de orixe de Gazdánov. Os bosques, estepas e uns personaxes apegados a un tempo convulso son substituídos polas brumas dun pasado miserable que ten continuidade nunha cidade supostamente rechamante. Un París nada compracente coas festas doutros escritores cosmopolitas da grande urbe na que desenvolven os seus anormales días os seres de Gazdánov. Vidas postas nunha especie de escenario expresionista onde dan airada saída ao desencanto do absurdo, os amores vehementes e a morte que ao final serve para despexar a incógnita dun personaxe contraditorio e obsesivo. Todo iso ten como resultado unha novela de suspense entre policial e psicolóxica, deudora de Proust, según algúns críticos. Non hai que esquecer os primeiros escritos do francés, cheos de tramas sorprendentes e naturezas etéreas e pantasmales.
Con semexantes vimbios argumentais, o narrador ruso non foi editado no seu país de orixe ata o tempo que a súa cidade de nacemento recuperase o nome anterior a revolución de 1917.

Comentarios