Xentes da diáspora





Moscoso: a contracultura de apelido galego


Victor Moscoso (Oleiros, 1936) é un dos sobreviventes daqueles artistas da década de 1960 que revitalizaron o deseño, o cómic e a música, pero partindo dunha base acorde co que hoxe se denomina antisistema. Na actualidade, este galego da diáspora continúa ofrecendo os seus traballos acordes cunha ampla bagaxe cultural no que se aprecian influencias das vangardas de entreguerras, cuxo espírito inquieto permitiu achegalas a un vasto público desde formas orixinales e críticas co poder.
O neno Victor chegou ao porto de Nova York con tres anos e medio de idade, cando terminara a guerra civil en España. Da súa primeira infancia en Galicia, o artista lembra os típicos xogos no medio rural, onde había un cabalo que montaban el e o seu primo. Tamén lle veñen imaxes do río en cuxa beira lavaba roupa a súa nai, costureira de profesión, mentres que o seu pai traballaba como pintor de casas.

O proxenitor nacera en Nova Jersey, fillo dun dos miles de galegos que a finais do século XIX buscaron saída ás súas penurias en Estados Unidos. O golpe militar doutro galego en 1936, un mes antes do nacemento de Moscoso, afectou o pai do futuro artista que tiña que irse cara ao monte da mortal represión franquista que se estaba desenvolvendo en Galicia, onde o pintor de fogares instalouse como o "americano", para logo escapar ao final da guerra civil rumbo ao seu país de nacemento.

A rápida adaptación á verticalidade da cidade dos rañaceos fronte ao verdello do agro galaico, fixo de Moscoso un mozo bulideiro que grazas ao seu pai aprendeu o que Victor denomina artesanía da pintura, o cal facilitou nos seus comezos unha mellor aprendizaxe en prestixiosos centros como The Union Cooper de Nova York e a Universidade de Yale.

O seu traslado a finais dos cincuenta alén da costa estadounidense, en concreto a San Francisco, levouno en primeiro lugar a unha gradación no instituto de arte da devandita cidade californiana. Naquel centro impartiu clases durante cinco anos.
Na urbe do Golden Gate están datados, en 1966, os primeiros carteis de Moscoso para grupos de rock que tocaban en clubs como o Avalon e o Matrix, á vez que estaban a tomar a substitución aos conxuntos británicos que revolucionaran o panorama musical da primeira metade da década prodixiosa. A formación do artista, a súa bagaxe cultural e o devezo de innovar dentro do apartado da comunicación, pero desde un punto de vista diferente, converteron aqueles carteis en auténticas obras de arte, moi solicitadas na actualidade por todo tipo de coleccionistas e museos. O mesmo pasou coas capas para discos de vinilo adornadas coas obras de Moscoso e outros compañeiros de singradura artística.
A tendencia de entón no novo cartelismo de rexistro xuvenil estaba asentada no regreso ao produto de carácter popular, artesán e fóra do sector publicitario. As tiradas eran reducidas, gratuítas ou a prezos baixos, para a súa entrega nas numerosas actuacións que se producían non só nos locais de moda de California, tamén en Detroit, Chicago ou Nova York. Logo virían a presenza daquelas obras en recoñecidas galerías de arte cando non se vendían en tendas especializadas.
No emblemático barrio de High Asbury de San Francisco abría as súas portas o primeiro establecemento de carácter netamente underground que con posteridade cumpriría un importante tarefa na expansión da prensa contracultural, principalmente o cómix underground, eido no que Moscoso ten unha honorable presenza por exemplo coa colaboura que fixo para a transgresiva Zap. Print Mint era o nome da editorial a que afacíanse inadaptados aos canles oficiais da comunicación que recolleran a testemuña da xeración beat.
     Daqueles lodos contestatarios e antibelicistas, a guerra de Vietnam estaba no seu apoxeo, alagáronse as canles artísticas. A iso axudaron Robert Crumb, Alton Kelly, Stanley Mouse, Rick Griffin, Wes Wilson e Manuel Spain Rodríguez, entre outros, algúns dos cales, xunto a Moscoso participaron, no significativo Joint Show, da galería Moore en pleno verán do amor, aquel de o mitificado Monterey Festival Pop, emblema da nova corrente da cultura xuvenil, na que entraban a música psicodélica, o nomadismo, a ruptura co sistema e o consumo de drogas.
Pasados os 80 anos de idade, o artista mantense en activo en California.



Comentarios

Publicacións populares