Capas
“Milton”
(A&M). Nacido en Rio de Janeiro pero moi apegado a Minas Gerais,
Milton Nascimento (1942) é unha das voces máis universais da música
popular brasileira. No ano 1976, como xa pasara co seu primeiro disco
en 1968, gravaba o longa duración que leva o seu nome, pero esta vez
en estudios de Malibu e Os Ánxeles, co asesoramento e compañía de
dous grandes afroamericanos de jazz: o pianista Herbie Hancock e o
saxofonista Wayne Shorter. Tamén participan instrumentistas
brasileirios, algúns habituais nos discos de Nascimento, e outros
reputados músicos de estudio asentados en California. Milton,
desde a carauta a música, desprende color, sabor, voz humana e sons
da naturaleza en estado puro. O cantante deixa claro a mestizaxe da
súa música, non exenta de raíces africanas, coa primeira canción.
Algunhas pezas entran no territorio do jazz pero con ese toque
brasileiro que tamén combinou sempre co anello estilo do século XX,
aínda que composicións, como “Nothing Will Be As It Was”, teñen
unha orientación pop. Milton recupera “Cravo e Canela” que
estreara no seu primeiro “Clube da Esquina”, máis adiante en
1985 faría o mesmo con “Raça” incluído en Milton
que
reinterpretaría en 1985 en “Encontros e Despedidas”. O novo
disco americano serviría para achegar a Nascimento a un público
máis amplo, o seguidor do rock e pop, que nos setenta descubriría
outras voces masculinas e femininas que mantiñan o esplendor nunca
perdido da MPB. A fotografía da cabeza de Milton realizada por Cafi
ocupa toda a carauta do elepé.
Cancións: “Raça”, “Fairy Tale Song”, “Francisco”, “Nothing Will Be as It Was”, “Cravo e Canela”, “The Call”, “One Coin (Tostao)”, “Saídas e Bandeiras” y “Os Povos”.
Músicos: Milton Nascimento ( guitarra e voz), Raul de Souza (trombón), Wayne Shorter (saxos tenor e soprano), Herbie Hancock (piano), Hugo Fattoruso (piano e órgano), Toninho Horta (guitarra de 12 cordas e guitarra eléctrica), Novelli (baixo), Airto Moreira e Roberto Silva (batería e percusións), Laudir Oliveira (percusión) e Maria Fatima (voz).
Outras capas: Courage (1968), Clube da Esquina (1972), Milagre dos Peixes (1973), Minas (1975), Gerais (1976), Clube de Esquina 2 (1978), Journey To Dawn (1979), Encontros e Despedidas (1985), Yuaretê (1987), Miltons (1988), Três Pontas (1993), O Planeta Blue na Estrada do Sol (1994), Nascimento (1997), Os Tambores de Minas (1998), Gil & Milton (2000), Pietá (2003), Milton Nascimento & Belmondo (2009), ...E a gente sonhando (2010), Uma Travessia: 50 Anos de Carreira (Ao Vivo) (2013) e Tamarear (2015).
Comentarios