Remexendo entre libros arrombados en andeis non vistos desde os oitenta do século pasado e quitando cheas de publicacións doutros tempos, agochadas en armarios e desexosas de ser apalpadas nos seus xenerosos e rechamantes ventres, mirei cara un vello exemplar daquela colección chamada "Biblioteca Básica Salvat RTV", que chegou aos 100 desde 1969 a 1971. O libro de peto ripado da escuridade e do po era o número 46: "Humor gráfico español del siglo XX" (nº 46), introducido e comentado por Alvaro Laiglesia, que fora redactor xefe e director da emblemática revista "La Codorniz".
No libriño aparecía, como non pois tamén colaborou na mencionada publicación humorística coñecida tamén como: "La revista más audaz para el lector más inteligente" e "Decana de la prensa humorística". No apartado dedicado ao lonxevo semanario xurdía a autocaricatura de Forges, seguida dunhas viñetas que xa apuntaban as maneiras do autor.
A actualidade, a vella e o agricultor quedaban reseñados nas 3 páxinas do libro como adianto do personal retratado para "La Codorniz" por Forges, quen, co paso do tempo, montouun auténtico universo con modos moi hispánicos pero con trascendencia para facerse universal, pois os tempos pasaron por enriba do final do franquismo, da transición, da democracia e cando ya iban casi dous décadas do terceiro milenio, o debuxante morre, pero queda un legado perenne cando se fala ou recorda unha parte esencial do humorismo ou da prensa. Nesa prensa en concreto no diario "Pueblo", de Madrid, o día 14 de mayo de 1964, quedaba recollida a primeira viñeta de Forges na prensa.
O bautismo de fogo no vespertino dirixido entón por Emilio Romero deu paso á crecente posta en marcha da incisiva marca Forges, pois a súa pegada quedou en decenas de publicacións periódicas, así como noutros eidos, coma xa se apuntou. Unha mágoa que o humorista morrera coas botas postas cando aínda era necesaria a súa presenza nestes bruscos tempos, xa afastados por fortuna daqueles "forrenta años".
Viñetas de "La Codorniz", de 1969 e 1970 e "Hermano Lobo", de 1972
Portadas de Forges para libros do seu pai Antonio Fraguas Saavedra (1904- 1983), nacido en A Fonsagrada
Comentarios