Máximo Ramos (II)
Máximo Ramos (1880 - 1944) foi un artista que tocou varios paus: pintura, gravado, debuxo e, incluso, chegou a escribir algún un libro que combinou con ilustracións propias, no caso "Mientras llega la hora" (1916), o berro inconformista dun rebelde entre bohemio e cabaleiro da triste figura do século XX armado de lapis e pinceis.
Mais hai que destacar que ao longo da súa vida, o artista galego foi deixando un importante legado das súas ilustracións en portadas de libros, principalmente de creación literaria, do que non escaparon xéneros diversos nin autores hoxe descoñecidos, na maioría dos casos; e outros poucos, inmortalizados en tratados de literatura.
Algunhas portadas de libros
Autorretrato (1922)

Unha volta por rastriños, librerías de vello ou no zoco de Internet serve en moitos casos para darse conta do papel, nunca mellor dito, que tiveron os folletíns, novelas populares e xéneros literarios, nos que no faltan as novelas de aventuras, ciencia-ficción ou de terror, aos que deu cor a arte de Máximo Ramos nas portadas e, ás veces no interior, daqueles rechamantes libros nun tempo que a única competencia para os escritores viña paseniñamente do cine aínda no estadio de lactación.
Comentarios