TOCADOS POLA MÚSICA
Escrito cara o jazz
O jazz constitúe un dos grandes logros da cultura do século XX, xunto co cinema e o cómic, artes, en fin, que entre elas lévanse moi ben, pois colaboracións hai máis que desencontros. Do jazz saléntase que tamén conectou con determinado tipo de literatura. Un dos autores sobranceiros en transitar polo subsolo dunha música pouco aceptada pola cultura oficial, polo menos nos anos posteriores á Segunda Guerra Mundial, foi o escritor Jack Kerouac (1922-1969), quen xunto aos seus colegas da xeración beat converteuse en cronista das innovacións que se estaban levando a cabo desde o movemento bop como rompemento cunha música académica ou como berro iconoclasta.
O autor de On the road coñeceu os ambientes en que desenvolvían súa actividade xente como Charlie Parker, Thelonius Monk ou Dizzy Gillespie, entre os máis coñecidos, como tamén os coñeceron Ferlinghetti, Burroughs e Ginsberg, compañeiros de estrada e manta de Jack. Desas andainas jazzísticas de Kerouac queda para sempre na memoria dos amantes do jazz The subterraneans, ademáis de crónica moderna a caron de música, drogas e noites desesperadas, unha historia de amor entre negra e branco, desencantados hipsters dun mundo en rápido proceso de cambios.
Enumerar a todos os literatos tocados polo jazz sería imposible por extenso, pois nesta viña hai de todo, bo e realmente prescíndibel, así que deixo no ángulo que lle corresponde esa parte da literatura, constantemente revisitada e da que lembro Trumpet, da escocesa Jackie Kay. Aínda que tamén, mira que me poño pesado, sinalo But beautiful, un fermoso libro de jazz como indica o título que lle puxo, Geoff Dyer. Sen dúbida os dous textos, acertados exemplos de como a ficción salta por enriba da realidade no inconmensurábel carreiro do jazz. Unha tarefa a destes creadores moi semellante á dos músicos jazz en determinados momentos, pois para non perder o ritmo hai que ir improvisando sobre o terreno para que as notas non resulten repetitivas.
Dos que escriben sobre o jazz quero salientar ao estadounidense Gary Giddins, do que, entre outros libros, quédome con Viajando en una nota blue. O crítico non dubidou en achegarse á música máis universal de Estados Unidos. "Pero o jazz é diferente: escribo sobre o jazz porque Louis Armstrong 1938 Jubilee, que debe ser incluído en calquera universal sistema de saúde, é demasiado bo para manter un segredo". A obra serve para confirmar que esa nota blue que dá título ao libro está presente nos artistas que aparecen nás páxinas, pois cada un executouna e tentou dirixila nunha forma de expresión persoal.
Do outro lado están os músicos que quixeron deixar páxinas das súas vidas ou simplemente elucubrar sobre súas fantasías. Quizá, polo que vin ata agora, os músicos son máis amigos das memorias e biografías autorizadas. Nese sentido, recordo As thought I had wing, as memorias perdidas de Chet Baker. Carol, a viúva do trompetista deixo craro que non se lle pode describir tan só como músico, drogadicto, marido ou lenda. “Era todo iso e moito máis, e neste libro é testemuño desa realidade”, para máis adiante recalcar: “Cando Chet comezou a escribir sobre a súa vida non o fixo como un intento de realizar a crónica exhaustiva de cada día, de cada mes e nin sequera de cada ano. Máis ben propúxose reunir unha colección de recordos que aínda revestían unha especial importancia para el”.
Duke Ellington relatou os seus máis íntimos recordos ata o punto de deixar pampos a quen só o consideraban un cabaleiro elegante concentrado no seu picouto de arte. Miles Davis deixou tamén para a posteridade La autobiografía, centenares de páxinas relacionadas con varias etapas da súa vida, tan enmarañadas ás veces como o seu inmenso universo musical, e nas que non fallan as vivencias do singular e difícil persoeiro que foi o trompetista de Illinois.
O pai do jazz, Louis Armstrong, relatou as súas andanzas polo mundo que mellor coñecía, desde os prostíbulos de Nova Orleans aos auditorios de público selecto, sen que falte o bo humor que lle caracterizaba. Entre as mulleres está como crónica esfarrapada, ás veces en demasía, da vida de Billie Holiday, Lady Day, retocada por unha man masculina, pero que non lle resta interese, como o ten o recordo do clarinetista Mezz Mezzrow, La rabia de vivir. Non cito a todos os que son, porque, de pasada, tamén teñen interese os libros sobre Fats Waller, Josephine Baker, Stephane Grappelli, Dizzy Gillespie, Bud Powell, John Coltrane, Bill Evans, Tete Montoliu, Gil Evans ou Jaco Pastorius.

Próximo no idioma, Julio Cortázar soubo captar os acordes máis embriagadores dunha música, hoxe clásica, entón agochada en santuarios mouros das urbes. Nese senso está a novela máis musical do século pasado en lingua castelá: Rayuela. Non hay que esquecerse tampouco das melodías, improvisacións, paraísos perdidos e lamentos do conto El perseguidor, recollido no libro titulado Las armas secretas. Toda unha homenaxe do arxentino a un dos grandes do saxo, Charlie Parker, figura irrepetible dos que morren cedo pero deixan a pegada brillante dos ronseis fronte aos planetas apagados.

Comentarios