Pessoa

Todo arte é unha forma de literatura



A crise de fin de século como non podía ser doutra maneira produciu en Portugal unha convulsión non soamente a nivel social, senón tamén no eido cultural. Entre outras circunstancias, hai que ter en conta que Portugal xa no século XX ampliou o sufrimento da poboación coa entrada do país na I Guerra Mundial, 50.000 mobilizados, dos cales 10.000 morreron en combates contra os alemáns. A alianza cos vencedores propiciou un escaso rédito para a poboación en xeral, cuxa crónica miseria en varias rexións do país ibérico remexeron sensibilidades e, por tanto, aceleraron o proceso de cambio cara a novas formas non só no político.

Retrato de Pessoa feito por José de Almada Negreiros



O Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid acolle ata o 7 de maio a exposición titulada Pessoa. Todo arte es una forma de literatura, evento que leva ao público visitante ao territorio da vangarda portuguesa -pintura, literatura, prensa, cine e fotografía- da man dunha das figuras máis representativas da cultura do país veciño: Fernando Pessoa (1888-1935), protagonista de indubidable influencia nos movementos artífices das novidades que se produciron na cultura portuguesa das tres primeiras décadas do século XX.

Adriano de Sousa Lopes

Un total de 160 obras de arte, visual principalmente, é dicir, pintura, debuxo e fotografía, de 20 artistas aproximadamente, e diferentes documentos orixinais de coleccións públicas e privadas de Portugal e Francia, serven para probar como Pessoa e intelectuais e creadores do seu tempo renovaron a arte desde a esencia da raigaña popular do seu país, sen grandes adhesións aos movementos vangardistas que proliferaron a partir do final da II Guerra Mundial.
 
Iso non quere dicir que obviasen movementos como o cubismo e o futurismo, entre outras correntes artísticas que estudaron fondamente. Os seus rastros percíbense en varias das obras expostas no Reina Sofía.

Cristiano Cruz

Pessoa desenvolveu na súa literatura esa esencia antes mencionada mediante tendencias propias que levaron o nomes de paulismo, interseccionismo e sensacionismo. Estas correntes son a base da exposición, pois non se limitaron aos textos dos escritores de vangarda, porque chegaron con forza ás creacións pictóricas e á arte escénica. 


Jorge Barradas




Americo Amarelhe




Guilherme de Santa Rita




Amadeo de Sousa Cardoso




Eduardo Viana



Sonia Delauny



Robert Delauny




Mário Eloy




Abel Mantas




Julio dos Reis Pereira




António Carneiro







Revistas




















Narrativa con ilustración portuguesa









Artes escénicas

Creación de Almada para lanterna máxica.  La tragedia de doña Ajada


 Un dos paneis de Almada para o Cine San Carlos de Madrid




Revista Blanco y Negro

Portada de Almada para la revista Blanco y Negro de 16 de junio de 1929





Página con dibujo de Almada. Blanco y Negro de 25 de enero de 1931




Cine

Parte do documental Doro, faina fluvial (1931), de Manue de Oliveira



Conversa acabada (1981), de João Botelho

Comentarios

Publicacións populares