Vidas paralelas
Así como os mapas, Socio Seneción, os historiadores, afastando as partes máis extremas das súas tabliñas canto escapa ao seu coñecemento, escriben a modo de desculpa anotacións como: O de máis alá, dunas áridas e pragadas de feras ou Sombrío encoro, ou Xeo de Escitia, ou Mar xeado, así tamén a min, cando xa coa redacción das Vidas Paralelas cheguei ao límite do tempo accesible ao relato verosímil e transitable para a historia que se atén aos feitos, a propósito dos máis antigos érame correcto dicir: O de máis alá, fantástico e patético, habítano poetas e mitógrafos, e xa non ofrece garantía nin evidencia.
Vidas paralelas. Plutarco (45-120)
Fotografías de © Emilio Blanco feitas na reserva natural de Neouvielle (Francia). A que está debaixo destas letras leva o título de Vidas paralelas II, de aí a lembranza ao filósofo nacido en Queronea.

Comentarios